Carreira de resistencia

Inicio das 24 Horas de Le Mans 24 de 2008

As carreiras de resistencia (Endurance racing) é unha forma de carreiras de automobilismo que pretende probar a durabilidade do equipamento e resistencia dos participantes. Equipos dun ou varios pilotos tratan de cubrir unha gran distancia nun só evento, tendo os participantes un descanso e a capacidade de alternarse durante a carreira. As carreiras de resistencia pódense executar para cubrir unha distancia establecida en voltas tan rapidamente como sexa posible, ou para cubrir a maior distancia posible sobre unha cantidade preestablecida de tempo.

Unha das lonxitudes máis comúns das carreiras de resistencia son os 1 000 km., ou aproximadamente seis horas. As carreiras máis longas poden ser de 1 000 millas (1 600 km.), 12 horas ou ata 24 horas. Os equipos poden ter de dous a catro pilotos por carreira, dependendo das habilidades de resistencia do piloto, a duración da carreira, ou ata as regras para cada evento.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search